Pages Menu
Categories Menu

Posted on 23/May/2014 in Activities

Debate about the elections in Galicia

Debate about the elections in Galicia

Esta semana tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela as primeiras Xornadas sobre as Eleccións ó Parlamento Europeo organizadas pola Xuventude Europeista Federalista de Galicia (XEF Galicia) e a Unión de Europeistas Federalistas de Galicia (UEF Galicia) en colaboración coa Asociación Estudiantil Galega de Esquerdas (AEGE) e o Foro de Alumnos de Dereito (FAD).
As xornadas celebraronse os dias 22 e 23. O prato forte chegou o segundo dia co debate político celebrado entre os deputados autonómicos Olalla Rodil do BNG, Javier Dorado do PP de Galicia e Francisco Caamaño do PSdeG-PSOE.
De maneira crítica pero con idéntico espíritu europeista, todos eles invitaron a participar nas eleccións do vindeiro 25 de maio. Como principais motivacións salientaron a necesidade de votar “contra a mercantilizacion existente en Europa e por mais Galiza noutra Europa” (Olalla Rodriguez), “para mellorar as cousas e cambiar a visión de Europa a prol dun Estado Federal” (Francisco Caamaño) e “por máis Europa apostando pola Unión Bancaria e Orzamental, nunha Europa sinónimo de Estado do Benestar” (Javier Dorado).
O día anterior tivo lugar unha charla-colóquio coa Profesora de Dereito Internacional, Mª Isabel Lirola Delgado, e co Presidente de UEF Galicia, Orestes Suarez Anton para quen nestas eleccións “os europeos debemos optar entre participar para evolucionar con ambición e profundizar nos valores de democracia, liberdade e benestar social que representa Europa ou continuar pola actual senda de declive do proxecto europeo á que nos conduce o inmovilismo resignado.”
Aroa Fandiño, Presidenta de XEF Galicia, amosou a sua satisfacción polo éxito das xornadas e anunciou que “nas vindeiras semanas celebraremos novas actividades no afan de estimular o debate sobre o proxecto europeo e achegalo á cidadania galega.”

Maís información e fotos das Xornadas en Facebook e Twitter XEF Galicia
Facebook: https://www.facebook.com/pages/XEF-Galicia/172069826320902?fref=ts
Twitter: https://twitter.com/XEFGalicia